CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8459 votos
Votar | | | |


29-07-2011

(Re)pensando o discurso. Algunhas conclusións do curso de verán de dinamización lingüística

(Re)pensando o discurso. Algunhas conclusións do curso de verán de dinamización lingüística
Rematou o curso de verán de dinamización lingüística, mais ao tratado e debatido nel daráselle continuidade coa elaboración e difusión das conclusións e, posteriormente, coa publicación dos distintos relatorios e materiais. Agora, xa se poden consultar os apuntamentos para as conclusións


O VII Curso de Verán Traballando en Lingua, (Re)pensando o discurso, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar os pasados 20, 21 e 22 de xullo de 2011 no Pazo da Cultura da Carballo, afondou na necesidade de reflexionarmos sobre os discursos e os marcos existentes na actualidade sobre a lingua galega e sobre o proceso de normalización lingüística en xeral. A partir do debate xerado nos diferentes grupos de traballo, así como dos contidos expostos polos/as relatores/as convidados/as ao curso, extraéronse os apuntamentos que se poden descargar aquí e que pretenden constituír as bases dunhas conclusións xerais do curso.

Todas as persoas que participaron no curso poden realizar achegas para as conclusións definitivas até o vindeiro 12 de setembro nos enderezos snl@udc.es ou info@ctnl.org.

Descarga aquí os apuntamentos para as conclusións en .pdf >

Ademais, despois do verán o SNL da UDC publicará e difundirá todos os materiais e relatorios deste curso.

Outras cousas que che poden interesar do curso:

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego